Autor/a
Jules Verne
Jules Verne naceu en Nantes en 1828 e finou en Amiens en 1905. Viaxou a París para estudar Dereito por expreso desexo do seu pai, pero o ambiente literario da bohemia parisiense fará que se decida a se converter en escritor. Comeza escribindo pequenas obras de teatro e coñece a Hetzel, o seu editor, quen lle publicará «Cinco semanas en globo», novela que será o inicio da súa fecunda e exitosa produción literaria.