Autor/a
Manuel Seixas
Manuel Seixas (Manuel García Seixas) (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015). Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva poden atoparse no seu espazo web: www.manuelseixas.com