Autor/a
Francisco Coimbra
Francisco Coimbra (Madrid, 1986), galego por adopción e por narración, pasou varias tempadas en Santiago de Compostela durante os anos da súa licenciatura en Filoloxía Románica. Máis tarde trasladouse ao Brasil, onde fixo o doutoramento en Estudos da Tradución e traballou como profesor na Universidade Federal do Paraná durante dez anos. Dende 2022 vive en Múnic, Baviera (Alemaña), e continúa a ensinar as linguas románicas na Ludwig-Maximilians-Universität. Nestes últimos anos, as súas actividades académicas levárono a organizar dous volumes dedicados á situación internacional do portugués e do galego na actualidade: «Línguas em português: a Lusofonía numa visão crítica» (U. Porto-Press, 2020) e «Português língua não materna: contextos, estatutos e práticas de ensino numa visão crítica» (U. Porto-Press, 2022). A súa paixón polas linguas é a forza motora da súa literatura. Coa súa primeira novela, «Crónica Córnica», foi finalista do Premio Xerais (2016) e posteriormente publicou «Unha saca de patacas» (Xerais, 2023). Ademais ten varios poemas e un conto publicados na Revista de Estudos Galegos da UCM «Madrygal». Gústanlle moito as patacas (principalmente frixidas).