Autor/a
Antom Labranha
Antom Labranha (Cedeira, 1955) é catedrático de Matemáticas no IES San Clemente e profesor de Didáctica da Matemática na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Matemáticas, ten desenvolvido unha extensa tarefa de divulgación didáctica desta disciplina a través de diversos libros e artigos. Foi gañador do concurso estatal «Enseñar Matemáticas: recursos y materiales» (Madrid, 1991) e do concurso internacional «Renovación Pedagógica en Matemáticas» (San Fernando, 1998).