Autor/a
Xoán Ignacio Taibo Arias
Nacho Taibo (Madrid, 1949) é escritor e profesor xubilado de Lingua e Literatura Galega. Como narrador deuse a coñecer en 1975 co libro de relatos Os inmortais, ao que seguiron as seguintes obras: O fotógrafo (1977), Premio Mesón do Labrego; A enquisa (1976), Premio Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro na súa primeira edición; Homes de ningures (1978), Premio da Crítica 1978; Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981); A semancia (Xerais, 1981); Doncos, o pacífico (1987); Informe bestiario (1991), Premio Carvalho Calero 1990; A ponliña irlandesa (1997), Por tras dos meus ollos (1999); Salvador de Occidente (2000); Flor do grelo (2008); As boas familias (2014) e Os tres de nunca (Xerais, 2016). Asina ademais diversos textos inéditos, entre eles sete novelas.