Ilustrador/a
Ignacio Hernández
Ignacio Hernández (A Coruña, 1988) é ilustrador pola Escola de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Leva anos traballando para diversos colectivos e asociacións culturais aplicando as súas ilustracións a diferentes materiais gráficos. En Xerais ilustrou os libros «Quen dá a quenda?» (2016) de Héctor Cajaraville, «Debaixo dun parasol» (2017) de Azucena Arias Correa, «Somos os monstros» (2019, 2022) de Paula Carballeira, «A cidade dos desexos» (2023) de Agustín Fernández Paz e «Refugallo o espantallo», de Irene Alonso Gasalla; ademais de colaborar en diversas propostas de ámbito educativo.