Ilustrador/a
Chus Láuzara
Chus Láuzara
Formouse en debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo e realizou diferentes obradoiros de pintura con ilustradores como Rodrigo Chao ou Mónica Vila, ademais de recibir cursos de deseño gráfico e animación. Traballou con Deboura Cultural dando cor no filme "O Pequeno Mago" e ilustrou o poemario "Muller de papel" de Rochi Nóvoa Vázquez. "A música das árbores" (2015) é o primeiro libro ilustrado para Xerais.