Autor/a
Daniel Pino
DANIEL PINO VICENTE é licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Exerceu cargos como a Secretaría Técnica do COAG; Profesor da ENAP nos Cursos de Técnico Superior de Urbanismo e do Máster de Restauración Arquitectónica da ETSA da Coruña ou a Dirección Xeral do IGVS da Xunta de Galicia. Como profesional libre, fundou a empresa Consultora Galega, para a que dirixiu equipos multidisciplinarios de planeamento ao longo de máis de 25 anos. O seu labor como sociólogo urbanista leva colleitando éxitos dende hai 40 anos. Entre os premios que distinguiron o seu labor profesional están o Galicia de Deseño Urbanístico (1985), o Nacional de Urbanismo (1981) e o Europeo de Urbanismo e Ordenación Territorial (1994). É autor e coautor de numerosos libros, artigos, informes técnicos e traballos de investigación no seu campo: a ordenación territorial, o urbanismo, o transporte, a vivenda, o medio ambiente e disciplinas afíns.