Autor/a
Daniel Soutullo
Daniel Soutullo (Vigo, 1957) é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía. Ten unha longa traxectoria como divulgador científico e como ensaísta en bioética. Recibiu o premio de investigación en bioética da Fundació Víctor Grífols i Lucas de Barcelona polo libro «Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana» (2005). Entre os Seus libros figuran tamén «De Darwin ao ADN» (1997); «La eugenesia. Desde Galton hasta hoy» (1997); «Os xenes e o futuro humano» (1998) e «Las células madre, el genoma y las Intervenciones genéticas» (2006). En Xerais publicou «Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica» (2016) e "Visións de Darwin. Vida e pensamento do fundador da teoría da evolución (2022).