Autor/a
Ismael Ramos
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios "Lixeiro" (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; "Lumes" (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e "Os fillos da fame" (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.
"A parte fácil" é o seu primeiro libro de contos.