Autor/a
Álex Alonso
Álex Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra.
En 2003 recibiu a mención especial do xurado do XII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía pola obra «Estremonías»; en 2010 gañou o VI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares por «Xénero imperfecto», e en 2015 resultou gañador do Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole con «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food» (Xerais, 2016). Coa novela «Granito» (Xerais, 2020) logrou ex aequo o Premio Torrente Ballester, con «Bullying» (Xerais, 2023) volveu gañar o Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole no ano 2022 e con «O estranxeiro» (Xerais, 2023) conseguiu o XXIX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.