Autor/a
Xavier Navaza
Xavier Navaza (Lalín, 1948) iniciouse no xornalismo en Barcelona, no desaparecido Tele/eXprés, a mediados da década de 1970. Cofundador do semanario Teima (1976-1977), durante a Transición democrática realizou numerosas reportaxes para algunhas das revistas máis influentes daqueles anos no Estado español: Interviú, La Calle, Actual e Primera Plana, entre outras. Guionista e documentalista de televisión, durante década e media foi correspondente político do xornal El Correo Gallego. Entre os seus libros figuran Disparos (Xerais, 1991), Sumud. Conversa con Palestina (2003) e os dous primeiros tomos da triloxía en castelán El laberinto gallego: La guillotina del Centro (2005) e La conjura de Raxoi (2007). Tamén en castelán, El último amante de Marilyn (2012).