Autor/a
Manuel Blanco Desar
Manuel Blanco Desar é membro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI), creado polo Museo do Pobo Galego en 2005, co obxectivo de desenvolver liñas de investigación e intervención nos ámbitos que lle son propios ao Museo e desde unha óptica interdisciplinar. Neste sentido unha das súas pólas de actuación é a de contribuír ao estudo e á formulación de posibles solucións a problemas que teñan especial relevancia para a sociedade galega. En relación con este fin o IEI vén organizando regularmente uns foros de debate sobre temas de actualidade, como pode ser o problema demográfico.
Outra área de actuación é o proxecto "Sons e Voces da Identidade", que levou á creación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) para a recuperación do noso patrimonio oral. Os documentos incorporados ao mesmo poden consultarse na páxina www.apoi-mpg.org