Autor/a
X. Ricardo Losada
X. Ricardo Losada (Rianxo) é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo. Escritor de vocación tardía, publicou en 2005 o libro de relatos O xene da chuvia. En 2008 publica Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero, onde recompila e analiza os poemas premiados nesta convocatoria. En 2013, a petición do Concello de Rianxo, editou Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica, un libro comentado sobre a obra completa do crego poeta. Colabora con varias revistas culturais e escribe con regularidade no suplemento cultural «A voz de Barbantia» (La Voz de Galicia, edición Barbanza) e no blog Cafebarbantia. A biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015) é a súa primeira obra en Xerais.
Foto do autor: Eva Castaño