Autor/a
Eduardo Santiago
Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor en lingua galega no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción científica «2044» (2012), á que seguiron: «A teoría do tempo imaxinario» (2013), novela tamén de ficción científica xuvenil escrita en feminino xenérico, e «O Gran Reino» (Xerais, 2014), merecedora do premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. No ámbito da literatura infantil publicou «O mundo máxico de Lía» (Xerais, 2020), «A miña amiga invisible» (Xerais, 2023) e «A nena do pixama estrelado» (Xerais, 2025).
En lingua castelá ten publicadas tres novelas de misterio psicolóxico, «El club de los amantes arrepentidos» (2018),«La decisión de buscar a Sofía» (2021), «La insólita cuarentena de Clara Peleteiro» (2022) e a novela distópica «2M84» (2019).