Autor/a
César Parcero Oubiña
CÉSAR PARCERO-OUBIÑA (Santiago de Compostela) é arqueólogo, especialista no estudo dos momentos finais da prehistoria e na aplicación de tecnoloxías dixitais en arqueoloxía. Investigou especialmente sobre o mundo castrexo en Galicia e, máis recentemente, sobre o período preincaico nos Andes. É investigador do CSIC e membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).