Autor/a
Ignacio Vidal Portabales
Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958) é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e publicou numerosos artigos científicos de temática xurídica. Como escritor gañou en 2012 o Premio Blanco Amor coa novela "Dióxenes en Dolorida" (Xerais, 2013) e en 2019 o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro con "Lara e Sabela" (Xerais, 2020). Tamén é o autor da obra "O inspector e mais eu" (Xerais, 2016). Obtivo, así mesmo, diversos premios de poesía, tanto en galego coma en castelán, tal como o Premio Universitario San Martiño Pinario e o Premio Manxa de Ciudad Real. Tamén é autor de varias monografías sobre o dereito da publicidade, o mundo cooperativo galego e a sociedade da información. "Sangue no dron" (Xerais, 2022) é a súa primeira obra destinada ao público xuvenil.