Ilustrador/a
Dani Padrón
Dani Padrón (Ourense, 1983) estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios libros e participou en exposicións colectivas. En Xerais ten publicadas as seguintes obras: «As palabras do silencio» (2013); «As noites de Xián» (2014); «O refugallo» (2015); «Nena e o mar» (2015); «O día que choveu do revés» (2016), «A cazadora de estrelas» (2017); «Vinte mil leguas baixo dos mares» (2019); «Unha fábrica de bicos» (2020), «As músicas viaxeiras» (2021), «Eu tamén fun pequena» (2023), «Analfabeta» (2024) e «O misterio das zocas» (2025).