Autor/a
Gonzalo López Abente
Gonzalo López Abente (Muxía, 1878). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, traballou no Banco Pastor de Muxía ata 1937, ano no que foi cesado polo seu compromiso co nacionalismo e o republicanismo. Gran viaxeiro, viviu en Paraguay país no que casou coa súa curmá Balbina Abente en 1909, pero o amor rematará traxicamente ao morrer Balbina un ano despois. A morte da súa muller foi un feito que lle afectou moitísimo e que condicionou amargamente a súa vivencia persoal e o contido da súa obra.
Forma parte das Irmandades da Fala dende a súa creación en 1916. En 1936 é elixido presidente da Asociación de Escritores de Galicia e en 1941 pasa a formar parte da Real Academia Galega.
Escribiu cinco noveliñas curtas: O diputado por Beiramar (1919), O novo xuez (1922), Buserana (1925) e Fuxidos (1926) e unha novela longa titulada Vaosilveiro (1929). A súa extensa obra poética está formada por: Escumas da ribeira, Alento da Raza, D'Outono, Nenancos, Centileos nas ondas, Decrúa, poemas e Monza de frores brancas para a Nosa Señora da Barca.