Fotografo
Xurxo Lobato
Xurxo Lobato (A Coruña 1956) é un dos fotógrafos máis importantes da nosa historia. Licenciado en Historia Contemporánea, membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, ten publicados medio cento de libros de fotografía e realizado numerosas exposicións individuais. En Xerais ten publicado: Couto Mixto. Unha república esquecida sobre textos de Luís García Mañá (Xerais 2005) e No país das vacas (Xerais 2009).