Autor/a
Alberto Fortes
Alberto Fortes (Pontevedra, 1964) é autor de diversos libros. En Xerais publicou a novela "O dobrón de a oito" (2016), unha historia de aventuras na Galicia de finais do antigo réxime, así como "O corsario" (2005), un relato de investigación sobre a vida dos irmáns Gago de Mendoza. Ademais é autor de libros como "Memorias de Ravachol" (2007), "Crónicas de San Domingos" (2007) e "O violín de Sarasate" (2002). Tamén publicou as novelas "Amargas han sido las horas" (1998); "Memorial de abordo" (2003), unha viaxe nos barcos máis senlleiros da literatura, ou "Los viajes de Shackleton a la Antártida" (2014), sobre a vida do famoso explorador irlandés.