Autor/a
Francisco Fernández Rei
Francisco Fernández Rei (Fefiñáns-Cambados, 1952) Catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na Real Academia Galega co discurso "Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o Mar da Arousa". Cofundou as revistas "A Trabe de Ouro" e " Ardentía", a asociación sociocultural "Redes Escarlata" e a plataforma apartidaria "ProLingua", tamén presidiu a Comisión Organizadora do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Cambados 2005).
No Instituto da Lingua Galega dirixe o "Arquivo do Galego Oral" e coordinou o vol. I "Morfoloxía verbal" (1990, Premio da Crítica de Investigación), IV "Tempo atmosférico e cronolóxico" (2003) e VI "Terra, plantas e árbores" (2014) do "Atlas Lingüístico Galego". Autor do manual "Dialectoloxía da lingua galega" (Xerais, 1990, Premio Losada Diéguez de Investigación) e coeditor con Carme Hermida do audio-libro "A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego" (1996).
Estudou o galego estremeiro, a elaboración do galego moderno, o léxico mariñeiro e o mar na literatura galega; e coeditou con Antón Santamarina "Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas" (1999) e con Luís Rei "Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas" (2009).