Ilustrador/a
Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958). É unha referencia como autor de banda deseñada, tanto a nivel nacional como internacional. Director Viñetas desde o Atlántico, o salón anual de cómic da cidade da Coruña, publicou numerosas obras dende a década de 1980, todas elas con gran recoñecemento. Como ilustrador, colaborou en libros escritos por X. L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre ou Rosa Aneiros. Creador da mascota e do contorno gráfico do «Xabarín Club» da TVG, así como da serie de animación «Os vixilantes do Camiño», da longametraxe de animación «De Profundis», e dos personaxes da serie de animación «Homes de Negro (Men in Black)» para Columbia Pictures.