Autor/a
Luís Rei Núñez
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995).
Fotografía do autor: ©Alba Sotelo